castellano | catalán | euskera
¿COMO FACER UNHA
CAZA DO TESOURO?Introdución | Cuestionario| A gran pregunta | Recursos |Avaliación
Autora: Lourdes Domenech Cases Nivel: Formación do profesoradoTraducción al gallego: Ester Vázquez Blanco A influencia dos mass media e de Internet é un trazo que caracteriza a sociedade do século XXI e que lanza novos retos educativos. Actualmente, as TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) están entrando con forza nas aulas. Os docentes temos á nosa disposición un abano moi amplo de recursos educativos na Rede, e as cazas do tesouro son un exemplo disto.Imos ver, pois, que é e como se fai unha caza do tesouro. subir CUESTIONARIO O NOME E O SEU SIGNIFICADO 1. Descobre que é unha caza del tesouro, cal é a orixe do seu nome e o seu significado. ESTRUTURA 2. Toda actividade está suxeita a unha planificación. Di de que partes consta unha caza do tesouro e cales son as características de cada unha delas.DIRECTORIOS 3. Son moitos os docentes que elaboraron cazas para os seus alumnos. ¿En que páxinas podes atopar exemplos de tódolos niveis e áreas?
CREACIÓN 4. ¿Que pasos debes seguir para crear unha caza do tesouro?
TIPO DE ACTIVIDADE 5. É sabido que as actividades esixen competencias distintas segundo a súa tipoloxía. ¿Que habilidades ou destrezas pon en xogo o alumno cando realiza unha caza do tesouro?
subir A GRAN PREGUNTA O feito de que a caza do tesouro sexa unha actividade suxeita a unha estrutura fixa ¿facilita ou entorpece o proceso da súa creación? Esta característica ¿amplía ou limita as súas posibilidades de aplicación na aula?
subir subir Responde as preguntas nun documento cos seguintes apartados.
CUESTIONARIO:Incluír os enunciados das preguntas coas súas respostas.
A GRAN PREGUNTA: Redactar UN TEXTO BREVE coa resposta argumentada da gran pregunta.RÚBRICA: Redactar unha valoración desta caza a partir da rúbrica de avaliación. RÚBRICA DE AVALIACIÓN
CATEGORÍA 1 2 3Organización
As preguntas están moi ben organizadas. A súa presentación segue unha orde lóxica.
ALGUNHAS preguntas están desordenadas. A súa presentación Non segue unha orde lóxica.
As preguntas NON están ben organizadas. A súa presentación NON segue unha orde lóxica.
Redacción
Os enunciado das preguntas é comprensible.
Só o enunciado DALGUNHAS preguntas é comprensible.
O enunciado das preguntas NON é comprensible.
Adecuación dos ligazóns
A información que proporcionan os ligazóns está claramente relacionada col tema.
A información que proporcionan os ligazóns só axuda a responder ALGUNHAS preguntas.
A información que proporcionan os ligazóns ten pouco ou nada que ver coas preguntas formuladas.
subir
© Materiales de lengua y literatura CONTACTA: Lourdes Domenech y Ana Romeo Imprimir
Páxina creada con 1,2,3 Tu Caza en la Red e mellorada con DreamWeaver | Rúbrica de avaliación feita con RubiStar